Como peche das actividades do club de lectura de nenos/as de 5º e 6º de primaria, tivemos a visita da escritora Iria Misa, autora, entre outros, dos libros "Unha veciña de película" e "Excursión a Cans. Unha veciña de película"
Estivo con todo o alumnado en BiblioSolanas falando destes libros. Asinou autógrafos a todos e todas os que o desexaron. E despois quedou a comer con nós no colexio. A acompañaron algúns dos alumnos e ademáis tamén acudiron algúns dos membros do "Club de lectura Salitre" (de adultos).
Ademáis, o alumnado realizou unha Xincana con probas ambientadas nestes dous libros.
Foi un pracer poder desfrutar da compañía desta grande escritora e compartir conversas con ela.
Volta cando queiras a Bibliosolanas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario