23 jun 2025

Despedida do Voluntariado 2024-2025

 Rematou o curso e con el a inestimable axuda que os voluntarios da biblioteca nos ofreceron e que dende o equipo de Bibliosolanas non queriamos deixar pasar sen agradecer.

Dende a Asesoría de Bibliotecas chegáronlles os diplomas acreditativos e unha mochila de agasallo a todos os que participaron, tanto no Voluntriado de Lectura como no de Xestion e organización da biblioteca.

E nós quixemos ofrecerlles, ao voluntariado de Xestión e organización, que estivo colaboranto todos os recreos na biblioteca, un pequeno agarimo. E este ano, como non podería ser menos, foi un bolígrafo de cine.  


Boa pasaxe para o instituto para todos/as  e ánimo ao alumnado de 5º de Primaria, para que no próximo ano moitos/as queiran ser tamén axudantes en BiblioSolanas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario