26 jun 2026

Peche do noso proxecto: Casas Indianas

Rematou o curso e con el o noso proxecto deste ano. O mércores 17 xuntámonos todos na Biblioteca para dar fin a esta aventura e poder entregar os premios ás maquetas gañadoras.
Así mesmo, tamén demos un pequeno agasallo a todos os participantes e aos Voluntarios que estiveron todo este curso axudándonos.
Aproveitamos para ver o conto O misterio do Agullón, realizado polo alumnado do 1º Ciclo.

Grazas por todo e Bo verán!

Vémonos en Setembro cun novo proxecto!











 

28 may 2026

Concurso en familia de maquetas .

 

Visita de Fran Alonso

 O luns, 15 de maio, tivemos a sorte de contar coa visita de Fran Alonso na nosa biblioteca.

Recibírono alumnado de 2º e 3º de Primaria, os cales leron o seu libro de poemas: O meu gato é un poeta. 

Moitas grazas por vir! Volta cando queiras!










Xuntanza PEBIF Escolas de Fronteira

 O mércores, 27 de maio, tivemos unha xuntanza moi interesante co alumnado do CEIP Nº1 de Tui e o alumnado do Agrupamento Escolas do Minho de Valença, no parque da Nossa Senhora da Cabeça, en Valença do Minho.

Compartimos con eles todo o que temos traballado no noso proxecto de Casas Indianas. E eles mostráronnos os seus traballos sobre a catedral e Tui,  a música tradicional e arte con materiais de refugallo.















Bibliocreativa: Obradoiro Letras galegas

 

Obradoiro polo día das Letras Galegas. 

Que non nos coman a Lingua!

Démoslle unha segunda vida a algúns libros de expurgo en galego creando unhas postais creativas coa finalidade de motivar o uso da nosa lingua entre o alumnado e as súas familias. 




















Exposición no corredor dos nosos Megalibros!







 

11 may 2026

Participación nas charlas con Eloy Moreno

 O noso club de lectura "Un mar de contos" participou nas charlas organizacas pola Editorial Pinguin con Eloy Moreno, autor do libro "Invisible" que limos este curso no noso club.