Aquí están as 6 postais ganadoras. Como vedes hai 2 primeiras porque quedaron empatadas. Unha será a felicitación oficial e a outra, a portada do tríptico da biblioteca.
Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas
20 dic 2011
POSTAIS GANADORAS
3 mar 2010
"Concurso literario"
Co gallo do día do libro (que se celebra o 23 de abril) dende a Biblioteca organizase un Concurso Literario no que poderán participar tódolos nenos e nenas do colexio. Haberá un premio diferente por cada ciclo e Nicopuntos a tódolos participantes.

As BASES do concurso son as seguintes:

As BASES do concurso son as seguintes:
- Os traballos teñen que ser inventados polo/a neno/a.
- Poden ser contos, comics, poemas, fábulas... cunha extensión máxima de 4 follas (DA 4 por unha cara) e mínima de unha. (Os poemas poden non cumprimentar toda a folla).
- A temática é libre.
- Ten que estar escrito a man, con letra clara e ben presentado. (Recordamos que é importante manter unhas marxes axeitadas)
- Os traballos serán en Galego.
- Poden ser ilustrados (con debuxos) e valorarase a presentación: presenza, orixinalidade...
- Os traballos entregaranse na biblioteca, a calquera das responsables, como máximo ata o venres 16 de abril. Os que se entreguen despois desa data non optarán ao premio.
21 nov 2009
CONTOS DE MEDO DE PRIMARIA PREMIADOS
11 nov 2009
CONCURSO DE CONTOS DE MEDO
Xa están na biblioteca os vosos contos de medo. Agora só nos queda decidir cales serán os premiados. Que difícil! Son todos chulísimos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
