30 abr 2026

Concurso de maquetas de casas indianas_ Lectura e familias

Como sabedes este curso estivemos traballando e investigando sobre as casas indianas da localidade. Para pechar o proxecto dende o equipo de biblioteca e coa colaboración co equipo de Medio Ambiente, faremos un concurso: “A miña casa indiana” .  
    O concurso consistirá na entrega da maqueta dunha casa indiana realizada con materiais de refugallo,  unha actividade para que realicedes en familia, afondando  e enriquecéndonos co coñecemento sobre estas construcións que forman parte do patrimonio cultural da localidade. A idea é que pasedes uns bo rato en familia colaborando na toma de decisións sobre a arquitectura, os materiais... e desfrutando na construción das mesmas.
 

  •  Cantidade: Poderá entregarse unha maqueta por familia
  •   Pode ser unha casa real da contorna, algunha que existiu e xa non se conserva, ou inventada, neste último caso, cumprindo as características (podedes consultar o documento facilitado por Ana Lima premendo aquí).
  •   Materiais permitidos: Materiais de refugallo e naturais (Follas, piñas, cunchas...)
  •  Dimensións: libres
  •   Premios: Daranse 3 premios e Premio elección do alumnado.
  •  Prazos de entrega: 5 -19 de maio
  •  Publicación dos resultados: Venres 22 de maio
  •  Entrega de premios: Venres 5 de xuño, coincidindo co Día do Medio Ambiente 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario