ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO 2023
- VIII Feiro do libro. Nesta actividade o alumnado traía un libro da súa casa para intercambiar con algún compañeiro ou compañeira. Todos/as os/as participantes poideron levar un libro mais de balde, doados polo centro.
- Libros que buscan fogar: Os libros expurgados da biblioteca estaban moi tristes esquecidos no fondo dun armario. Así que procuramos buscarlles unha nova casa onde poidan encher de historias e maxia a vida das persoas. Adopta un (ou varios) e dalle moito cariño léndoos!
- Teatro: "Os vellos non deben de namorarse" de Alfonso Rodríguez Castelao
Foi unha actividade diferente e moi motivadora que seguro repetiremos outro ano!






No hay comentarios:
Publicar un comentario