25 mar 2022

CLUB DE LECTURA DE SEXTO

Estes son os alumnos de sexto que forman parte do club de lectura!!!

Ler é un pracer por sí mesmo, pero este curso coa fantástica temática que temos no proxecto anual de Biblioteca aínda máis!!!


RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº 10

 E xa chegamos ao...DÉCIMO  PROGRAMA!

Radio Treboada volve ás ondas, coma todos os venres, con información do máximo interese!
Desta vez, contamos coa entrevista dun dos integrantes do grupo de percusión Odaiko. Ademais, temos curiosidades sobre os animais invertebrados, recomendacións lectoras, chistes e moito máis!
Dalle ao play e descúbreo por ti mesm@!


22 mar 2022

DÍA DA POESÍA E DÍA DA ÁRBORE

    Para festexar este día, creamos unha exposición "Bosque de coidado de criaturas máxicas" nun corredor do edificio de primaria.

    Cada aula fixo a decoración dunha árbore e dunha criatura máxica: dragóns, unicornios, centauro, trols, fluffy, araña acromantula, hipogrifo e xigante. Cada criatura máxica era o protagonista dunha poesía.



18 mar 2022

RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº9

    Radio Treboada, de novo, coma todos os venres... volve ás ondas!!

    Desta vez, sen temática ningunha. Dando liberdade á imaxinación dentro de cada sección!
    E tanta liberdade se deixou, que ata conseguimos un patrocinador para a nosa querida radio!
    Preme no PLAY e... a mergullarse nas ondas treboeiras!!!





12 mar 2022

SEMANA DA PRENSA. DO 7 AO 11 DE MARZO

    O alumnado de 6º de educación primaria estivo traballando o xornal na Semana da Prensa.

    Nas horas de lingua e lengua empregaron o xornal para traballar cos tempos verbais; procura de tempos verbais e creación dunha roda de verbos.

    En ciencias fixeron o seu propio "Daily Prophet" que era o diario informativo ao servizo do Ministerio de Maxia en Harry Potter (actividade dentro do noso proxecto anual de centro da Biblioteca).




8 mar 2022

RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº8

    Desta vez, un programa adicado en exclusiva ao 8M - Día Internacional da Muller.
Nel, promovendo a igualdade entre homes e mulleres, atoparedes unha chea de información que vos fará non só nutrirvos, senón debatir e reflexionar.
Algo a salientar? A visita de Zulema González González! Primeira e única arbitra de fútbol internacional galega! De novo, os treboeirxs dámoste as grazas por vir!
Sen dúbida, as palabras que nos regala na súa entrevista fannos reflexionar sobre a situación que vive na actualidade e, ao mesmo tempo, fannos ansiar un cambio radical no mundo da arbitraxe do fútbol.
Click no play e... a gozar!!




4 mar 2022

ANIVERSARIOS FEBREIRO

 Temos aquí aos que cumpliron anos en febreiro!!! parabéns para todos eles!!!!





3 mar 2022

ENTERRO DOS HORROCRUX

    Seguindo co noso proxecto da Biblioteca, este ano en vez de "enterro de peixemeco" tivemos "Enterro de Horrocrux".

    Un horrocrux é un obxecto moi poderoso no que o mago ou bruxa oculta parte da súa alma co propósito de lograr a inmortalidade.

    Ao longo da semana de entroido, cada clase fixo o seu obxecto máxico para a súa posterior queima.