23 dic 2022

PINCHI

 

Xa temos nova mascota, Benvid@ Pinchi! 
Nome proposto por Joaquina Pousa Rocha. 5º de Primaria.
Noraboa!!!
Debuxo de Chema Conde. Gracias!!!



22 dic 2022

RADIO TREBOADA EN NADAL

 Para rematar o trimestre e previo Nadal tivemos un programa de radio moi especial!! colaboraron dende os máis pequenos ata os máis maiores!!! 



Aquí tedes o programa! pincha no enlace:











ÚLTIMOS ANIVERSARIOS DE TRIMESTRE

 Parabéns a todos!!! e grazas polas recomendacións lectoras!!!

21 dic 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Xa temos as mochilas viaxeiras en marcha!! a disfrutar delas en familia :)


20 dic 2022

DECORACIÓN DE NADAL

 Aquí tedes ao alumnado colaborando na decoración de Nadal!! ilusión en modo creativo!!!




19 dic 2022

XOGOS DE MESA

A nosa biblioteca ten moitos xogos que a vez que pasas un intre divertido tamén estas a traballar a lóxica, orientación espacial, toma de decisións...

Aquí tedes unha sesión de xogo dos nenos e nenas de 3º primaria:

PINCHA NO ENLACE: XOGOS DE MESA  

27 nov 2022

FAMILIAS CIENTÍFICAS NA BIBLIO

Aquí tedes imaxes das primeiras familias que participan no mes da Ciencia na Biblio! moitísimas grazas a Cecilia e ao seu pai por traballar en equipo e amosarnos experimentos moi interesantes! Foi fantástico!
Grazas tamén a Gala e a súa Tía por vir a facer Ciencia na Biblio e compartir un rato tan bonito e agradable!!!
















 

ANIVERSARIOS

Aquí deixamos as recomendacións lectoras que fan os nosos e nosas compas que estiveron de aniversario no que vai de curso! seguiremos subindo máis fotiños segundo vaian chegando! 
Moitísimos parabens para todos eles e elas e grazas polas vosas recomendacións!









14 nov 2022

NOVEMBRO. CIENCIA NA BIBLIO

 Este mes de novembro imos traballar a Ciencia na Biblio, aquí tedes a proposta!!!



24 oct 2022

PASAPORTES LECTORES

Como non podía ser doutro xeito, o pasaporte lector deste curso está cheo de pequenos/grandes retos!

Estades preparados/as para esta viaxe???!!!

Benvidos e benvidas a "ODS AIR LINES" bibliosolanas!

Fixádevos ben viaxeiros/as, aquí tedes as instruccións para viaxar cómodamente e gozar de cada unha das aventuras nas que vos veredes envoltos/as!





21 oct 2022

APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES

 Afillados e afilladas na procura dos padriños e madriñas lectoras!!!

Desta vez a través da busca de ODS comúns! 








20 oct 2022

ODS , O NOSO PROXECTO PARA ESTE CURSO

Dende o Equipo de biblioteca queremos presentarvos a temática do proxecto anual! traballaremos en colaboración con todo o profesorado do centro os ODS: Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel. 
Será todo un reto cheo de aprendizaxes necesarias e significativas!




13 oct 2022

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

 Comezamos co Club de Lectura de Adultos! Animádevos!!!



22 jun 2022

21 jun 2022

DESPEDIDA DE CURSO DE RADIO TREBOADA


        Radio Treboada rematara por este curso académico???!!! Pois parece ser que non é así!!!
        Programa sorpresa feito polos mestres e mestras do cole de Solanas!
Dalle ao "play" e... adiante programa!




17 jun 2022

ANIVERSARIOS XUÑO

 PARABENS !!!





RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº18

 Chegou o momento do... último programa do curso!

Radio Treboada voltou ás ondas en decembro, e desde que comezou... non houbo stop! Sen embargo e moi ao noso pesar... chegou a fin desta primeira tempada!
Programa número 18 e... canto mérito ten! Moitísimas grazas a todxs os nenxs e mestres que fixeron posible este proxecto radiofónico! Noraboa a todxs!
O curso que ven... máis e mellor!
Click no play e... adiante Rabio Treboada!!!


10 jun 2022

RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº17

        Penúltimo programa e... Radio Treboada vaise de... volta ciclista!

        Que ocorre? Non entendes nada?
        Click no "play" e comprenderás todo!



NORABOA RADIO TREBOADA!!!!

 Estamos de noraboa!

O equipo de 4ºA, que leva a redacción de Radio Treboada, foi un dos gañadores do IV Concurso de Podcasts- Radio na biblio!
Un podcast ambientado nun videoxogo e a través do cal os nenxs narran algúns aspectos biográficos de Florencio Manuel Delgado Gurriarán, homenaxeado das Letras Galegas deste ano 2022.
Moitas grazas a todxs os mestrxs que participaron!
Noraboa equipo! E... a seguir así!



3 jun 2022

RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº16

                                                             UNHA SOA TERRA!

Aquí estamos de novo, os treboeirxs, con novo programa de radio!
Desta vez, adicado ao Día Mundial do Medio Ambiente!
Se cabe, máis importante ca nunca, debemos conciernarnos! Coidar o planeta!

O noso fogar! A Terra! Adiante programa!!
PD.: Dalle ao "play".

27 may 2022

LEDICIA COSTAS VISITA O COLE

 Ledicia Costas é unha escritora galega con obras de xénero infanto-xuvenil. Obtivo importantes recoñecementos a novel autonómico e nacional.

O mércores 25 de maio tivo un encontro co Club de lectura Alohomora do alumnado de 6º primaria para falar do seu último libro "O neno de lume".

A continuación, nun xantar, estivo co Club Salitre  coa súa obra para adultos "Golpes de luz".

Foi un pracer compartir estas charlas con ela.




26 may 2022

RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº15

Moi boas radiooíntes!

Aquí está de novo Radio Treboada!
Desta vez, para conmemorar o día internacional do xogo infantil! Pero non só iso, senón que traemos unha entrevista moi... descubrídeo por vós mesmxs dándolle click ao "play".
Adiante programa!!

14 may 2022

LETRAS GALEGAS 2022. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

    En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua e a profe Virginia elaboramos unha serie de actividades para conmemorar este día tan importante no que Florencio Delgado Gurriarán foi o autor homenaxeado!!

    Xunto cos demáis Centros Públicos da Vila, decoramos a praza do As de Copas cos traballos realizados polo alumnado nos que se reflectía a vida e obra do autor. 

    Grazas á colaboración da ANPA recuperamos a nosa querida e tradicional chocolatada do día das Letras Galegas!

    A profe Virginia escribiu o Rap de Florencio!!! os alumnos de sexto cantárono para todos nós e o resto de alumnado acompañou!

    Tamén houbo baile!! unha muiñeira levada a cabo polo alumnado de terceiro ... pero ollo!! acabamos bailando todos!!!

Todo o alumnado fixo unhas caroutas de Florencio!!!


LETRAS GALEGAS 2022