30 abr 2021

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO ESTREANDO O DOMO


O equipo de Orientación preparou un conto para este día tan sinalado na biblioteca.

Todos os cursos do cole foron pasando por quendas.

Non só a ilusión de escoitar un conto senón tamén a de estrear o DOMO

 coas súas bancadas novas para a ocasión.

Os contos foron:

"Un monstruo" de Santi Balmes para Infantil e 

"Yo mataré monstruos por ti" de Santi Balmes para Primaria.

Para todos logo houbo unha actividade na que en Infantil debuxaron un monstruo e en Primaria meteron os seus medos nunha caixa "monstruosa". 

Neste vídeo podedes ver cómo foi o día tan axetreado que tivemos....


TEATRO DE SOMBRAS DE 5º

 O alumnado de 5º inventou unhas pequenas historias e as representaron en teatro de sombras. Aquí tedes o resultado! 

Foi unha actividade dentro do marco do Voluntariado de Lectura-A neste mes dos libros.


O ALUMNADO DE 6º EN PLENO PROCESO! PREPARANDO O TEATRO NEGRO!

 


ACTIVIDADES NO DÍA DO LIBRO!

 XA ESTÁN PUBLICADOS NO FACEBOOK DE BIBLIOSOLANAS OS VÍDEOS DO TEATRO NEGRO DO ALUMANDO DE 6º! PASADE POR ALÍ A VELOS!

#voluntariadodelectura-A 

https://www.facebook.com/bibliosolanas


25 abr 2021

TIC TAC...TIC TAC.....

En breve teredes na Web do cole, e aquí tamén, o video con todo o que pasou o venres, día do libro!! 
Mentres tanto deixámosvos algunhas imaxes máis dun dos escenarios!  






22 abr 2021

PREPARADOS PARA O GRAN DÍA! 23 DE ABRIL

    Xa estamos preparados para o gran día, 23 de abril, día internacional do libro!

    Mañá teremos sesión de contacontos en dous espazos fantásticos do noso cole: a Biblioteca e o Domo. Estreamos bancadas no Domo para que poidamos estar cómodos e non perder detalle!

    Estade atentos.... estos son só os preparativos. 





21 abr 2021

SEMANA DO LIBRO. CONTOS EN VALORES CON SOMBRAS.

    Entre as actividades que estamos levando a cabo nesta semana do libro, o alumnado de quinto creou contos curtos en valores a través das sombras. Aquí tedes unha mostra do resultado. Esperamos que vos gusten, eles pasárono moi ben levando a cabo todo o proceso... superando tamén a vergoña escénica!!




MATERIAL PARA AS LETRAS GALEGAS

    Como sabedes, este ano o día das Letras Galegas está dedicado a Xela Arias, escritora, poeta e traductora en varios idiomas ademáis de editora e mestra de Galego. 

    Dende biblioteca estamos recopilando materiais para que os nenos e nenas teñan onde consultar e informarse sobre a autora conmemorada este ano. 

    Coma sempre colaboramos co Equipo de Dinamización Lingüística en tódas aquelas propostas que fan para celebrar esta data. 



COPA 3D

    Como sabedes, dende biblioteca encántanos colaborar coas aulas!

    Nesta ocasión foi con terceiro A. O profe otorga uns premios trimestrais así que puxemos en marcha a impresora 3D e tachánnnnn .... sairon unhas copas moooi chulas e moi relacionadas coa lectura! non vos teñen parecido con algo?? si si .... Harry Potter!!!!

#bibliotecacreativa




MURAL ANIVERSARIOS

    Mirade que mural xigante taaan chulo estanos quedando no corredoiro con tódalas fotos dos aniversarios de mes!!! 

    Nel estaremos todos a final de curso!!! pois recordade que en xuño conmemoramos tamén os aniversarios de verán!




5 abr 2021

QUE SERÁ SERÁ???

    Temos un misterio por resolver!!! algo estase cociñando en Bibliosolanas!!! 

    Unha pista..... estamos no mes do libro!!! que pasará o día 23???

    Outra pista....no cole temos unha impresora 3D que está a pleno rendimento!!!

    Sorpresa, sorpresa!!! @bibliotecacreativa






BIBLIOTECA CREATIVA

    Levamos xa tres cursos participando no proxecto de Biblioteca Creativa. A través deste proxecto aprendemos e levamos á práctica diversas formas de achegar as aprendizaxes ao alumando dunha forma diferente, motivadora e lúdica. 

    Aquí tedes algunhas imaxes de momentos creativos nos que os nenos e nenas disfrutan facendo as cousas dun xeito diferente e eficaz

#bibliotecacreativa






ANIVERSARIOS DE MARZO

Aquí tedes aos "cumpleañeros" do mes de Marzo, parabens a todos/as!!!