9 dic 2020
ANIVERSARIOS DE SETEMBRO
4 nov 2020
PRÉSTAMO SEMANAL EN INFANTIL
29 oct 2020
MÁSCARAS SAMAÍN
Dende bibliosolanas queriamos estar presentes no Samaín e na particular celebración deste ano con motivo da Pandemia!
Pensamos que sería bonito participar agasallando a todo o alumnado e profesorado cunhas máscaras idóneas para ir guapos e protexidos este día!
Este é o resultado!!! A que son moi chulas??!!
25 oct 2020
CLUB DE LECTURA
Levamos xa uns días co Club de lectura de 6º en marcha!
Non queriamos deixar de compartilo con vós!
O libro escollido foi "Apestoso tío Muffin",
XV premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil 2018.
Trátase dunha historia divertida e irreverente que amosa a importancia de superar os nosos medos e deixar de lado os prexuizos e as falas apariencias.
24 oct 2020
CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS:
APADRIÑAMENTOS/AMADRIÑAMENTOS
Non podíamos deixar de celebralos....
¡Adaptándonos a estes tempos!
15 oct 2020
PRIMEIRO DÍA DE PRÉSTAMO DE 4º
7 oct 2020
MOCHILAS VIAXEIRAS EN TEMPOS DE COVID
Neste curso 2020 - 2021 e por mor do Covid non imos poder desenvolver a actividade das Mochilas viaxeiras.
Non é unha cancelación definitiva, só momentánea e mentres non teñamos claro como evoluciona a pandemia.
Durante o curso, se vemos a posibilidade de retomala, nun abrir e pechar de ollos poremos en marcha ás nosas amigas viaxeiras e que tanto gostan de visitar as casas do noso querido alumnado!
Isto só é unha pequena paréntese pola seguridade de tod@s!!!
PRÉSTAMO EN INFANTIL
A partir desta semana reanudamos o préstamo dende a biblioteca.
Cada aula de infantil terá préstamo semanal no seu edificio en horario de mañá.
Deixamos aquí o cadro horario para que poidades consultar que día lle toca a cada curso.
Levarán o PASAPORTE LECTOR que deberán cumprimentar coa axuda das familias.
A biblioteca polo momento permanecerá pechada polas tardes ata que a situación sanitaria mellore.
PRÉSTAMO EN PRIMARIA
Na semana pasada reanudamos o préstamo dende a biblioteca.
Cada aula de primaria terá unha hora de préstamo semanal en horario de mañá.
Aquí tedes a guía onde podedes consultar o cadro que indica cando lles toca o préstamo e as normas para que coñezades como está funcionando a biblio.
Levan para casa o PASAPORTE LECTOR, onde terán que rexistrar 6 libros obrigatorios do itinerario da súa aula.
A biblioteca, polo momento, permanecerá pechada polas tardes ata que a situación sanitaria mellore.
6 oct 2020
PRIMEIRO DÍA DE PRÉSTAMO DE 6º
PRIMEIRO DÍA DE PRÉSTAMO 3ºB
PRIMEIRO DÍA DE PRÉSTAMO DE 1º
PRIMEIRO DÍA DE PRÉSTAMO DE 3ºA
PRIMEIRO DÍA DE PRÉSTAMO DE 2º
PRIMEIRO DÍA DE PRÉSTAMO DE 5º
2 oct 2020
APERTURA PRÉSTAMO
1 oct 2020
NORMAS BIBLIOTECA
30 sept 2020
NOVO CURSO, NOVO ASPECTO
18 sept 2020
ANIVERSARIOS NO CONFINAMENTO
CURSO 2020-2021
Comezamos un novo curso!
Dende Bibliosolanas imos facer todo o posible para que a "Nova Normalidade" non lle reste demasiado ó noso espazo, este que tanto nos gusta e co que tanto gozamos!
Así que preparádevos porque imos facer moitas cousas e queremos facervos partícipes de todas elas, porque Bibliosolanas sen vós non é o mesmo!!!
Arrancamos!!!