10 dic 2025

Obradoiro de Bibliocreativa: Adornos de Nadal

 O pasado 3 de decembro comezamos a preparar o Nadal na nosa biblioteca, e nada mellor que facer un obradoiro conxunto  de adornos entre Madriños/Padriños cos seus/súas Afillados/as.

O resultado foi moi satisfactorio.















 

Novidades en Bibliosolanas, decembro 2025

 Xa temos na exposición do corredor algunhas das novidades adquiridas neste curso 2025/2026

Escollidas e mercadas con todo o noso agarimo. Esperamos que sexan do voso agrado!


 

Novembro: Mes da ciencia e de historias de medo!

 Durante o mes de novembro, combinamos as actividades do Mes da Ciencia coas das Historias de medo.

Para todas estas actividades, traballamos coa nosa RadioTreboada!

O noso alumnado disfrutou de preparar as súas intervencións e no proceso de grabación e edición .

26 nov 2025

Club de Lectura Salitre en Tomiño




 O noso club de lectura de adultos "SALITRE" foi convidado, xunto aos demais clubs de lectura de adultos do baixo miño,  polo club de lectura do IES Antón Alonso Ríos (de Tomiño), a unha xuntanza coa escritora María Solar onde falaron da súa última lectura, o libro: A culpa. 



Moitísima grazas pola invitación. 
Desfrutamos moito desta interesante xornada.

Foto dos membros do club que asistiron a xuntanza



19 nov 2025

Voluntariado de lectura


 O tempo deunos un respiro e puidemos facer, por fin, os nosos tradicionais apadriñamentos e amadriñamentos lectores; onde o maiores do centro leron uns contos aos mais pequenos agregando a lectura ao tempo de lecer.
















17 nov 2025

Dinámica: Pasando a bóla.

 O psado luns, 10 de novembro, realizause na biblioteca a dinámica "Pasando a bóla. Xogando para cambiar" que traballaba os problemas de falta de empatía, compañeirismo... para evitar chegar a situacións de acoso ou bulling.

Unha actividade realizada por "A xanela de Maxín" e organizada polo Equipo de Convivencia que resultou moi interesante e gustou moitísimo ao noso alumnado.




Mais información sobre a actividade, clica aquí

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

 Para conmemorar o mes de Novembro como Mes da Ciencia, temos exposición temática no corredor que  iremos actualizando semanalmente. 

Esperamos que sexa do gusto da nosa comunidade educativa!



20 oct 2025

DO 20 AO 25 DE OUTUBRO: SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 LUNS: Comezamos a semana coa visita de mestre de A Boalleira que nos fixo unha interesante presentación dos instrumentos tradicionais galegos.




Moitas grazas por vir!


MERCORES: Contacontos de medo na biblioteca municipal (adiado para o mércores 5 novembro)






Xoves: lectura dos padriños e madriñas aos seus afillados e afilladas. (aprazado por mor da choiva)


VENRES: Reparto das mochilas viaxeiras e dos marcapáxinas do proxecto.


Obradoiro de radio

 Estamos con moitísimas ganas de arrancar coa nosa Radio Treboada e para poder realizar os nosos programas comezamos cun obradiro de radio para aprender (os que non sabían) e recordar (os que sí) como manexar  o noso equipamento. 








Foi unha mañá moi productiva. 

En breve comezaremos as emisións. Preparádevos para unhas: Terroríficas novas!

Obradoiro "A comunicación a través da imaxe"

 O mércores 15 de outubro, o alumnado de 6º de Primaria disfrutou dun obradoiro impartido por Miguel Peña de BM Studio, onde aprenderon como empregar os diferentes encuadres e ángulos para transmitir a información que queremos.








Remataron o obradoiro creando unha pequenísima curta que eles mesmos deseñaron e levaron á práctica cos diferentes roles de : director, axudante de director, camarógrafo e actores e actrices.

Esta actividade foi realizada  grazas ao premio de Voluntariado de Bibliotecas Escolares de Galicia  do curso 2024-2025