17 oct 2024

Visita a nosa Biblioteca dos actores Judith Fernández, Fer Fraga e Lola López

 

Onte estiveron no noso colexio, e na nosa biblioteca algúns dos actores que durante os últimos meses estiveron rodando a película Rondallas na nosa vila.

Foi un pracer compartir con eles eses intres onde contaron aos nenos e nenas experiencias da súas vidas, do seu traballo, dos seus gustos e actividades de lecer ... asinaron algúns autógrafos incluído un para o propio centro.

Ademais, pasaron por Radio Treboada para ser entrevistados polo alumnado de 6º. En breve poderemos desfrutar do programa

Para rematar, recibiron o noso agasallo de BiblioSolanas.

Esperamos que desfrutasen da experiencia tanto coma nós.

Volvede cando queirades!

 


 





No hay comentarios:

Publicar un comentario