16/03/12

PRIMEIROS LETRINCHIS


Xa temos os primeiros caderniños do Código Letrinchi rematados!!!!
Parabéns a Lucas e Alejandra de 2º e a Ángela de 1º!
Descifraron o código segredo conseguindo todas as pegatinas e completando a mensaxe no seu caderniño. 
Na foto podedes ver cómo quedaron rematados!
Ánimo a todos os demáis que hai moitos que están a piques de rematar!!!

08/03/12

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller Traballadora no que se recorda que homes e mulleres somos iguais e queremos que nos traten como iguais en todos os ámbitos da vida.

Queredes saber máis? pois aquí vos deixamos unhas actividades















E un conto de Nunila López Salamero

07/03/12

XUNTANZA CON COLABORADORAS E COLABORADORES


A dinamizadora da biblioteca, Yolanda, mantivo unha xuntanza cos colaboradores e colaboradoras da biblioteca. Falaron dos próximos traballos quefaremos e ademais fixeron suxerencias para a celebración do día do libro. Saíron propostas moi interesantes. Pronto as coñeceredes.

DECLARACIÓNS DE AMOR EN INGLÉS

Este ano, coa axuda do departamento de Inglés, fixemos un concurso de declaracións de amor en iglés e este foi o resultado

08/02/12

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ


Durante o mes de xaneiro realizaronse moitas actividades para celebrar este día. Houbo unha exposición temática con libros que tratan de paz e amizade, un certame de poesía cunha altísima participación; os nenos e as nenas recitaron os seus poemas... Todo esto amosávosmolo a continuación en imaxes.

Poemas de Educación Infantil


Poemas do 1º ciclo


Poemas do 2º ciclo


Poemas do 3º ciclo

28/12/11

PUZZLES

Estas son as dúas postais de Nadal que tiveron o 1º premio. Se premes en cada unha delas terás un puzzle. Atréveste a facelo?

preview48 piece


preview54 piece

22/12/11

A NOSA APORTACIÓN AO BUBISHER

Nós tamén nos sumamos a este fermoso proxecto co álbum "La máscara del león".