Dende 1997 , cada
24 de outubro conmemórase o Dia da Biblioteca. A proposta ven da man da
Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo
Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo,
incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.
Esta iniciativa naceu
para levar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro
dos lectores de tódalas idades coa cultura e como instrumento de mellora da
formación e da convivencia humana.
Unha das imaxes
máis destacadas que quedou na memoria colectiva é a do músico bosnioherzegovino
Vendran Smailovic’ tocando o seu violonchelo entre as ruínas da Biblioteca de
Sarajevo.
El incendio de
1992 destruyó centenares de miles de libros y numerosos incunables. Varios
miles de volúmenes pudieron ser salvados en los primeros momentos del incendio,
cuando los empleados de la biblioteca, arriesgando sus vidas, comenzaron a
arrojar libros y documentos por las ventanas. […] Las bombas incendiarias no
sólo habían destruido centenares de miles de libros, sino que habían corroído
las columnatas del edificio, acabado de construir en 1894, con una mezcla de
estilos orientalizantes, cuando la ciudad ya no se hallaba bajo dominio otomano
y formaba parte del Imperio austrohúngaro. [La Vanguardia: El hombre que incendió la biblioteca de Sarajevo]
A propia páxina web do Vijećnica (Concello de Sarajevo) relata toda a perda sufrida
aquela noite, o edificio máis grande e representativo do período austrohúngaro
en Sarajevo foi destruído e con el o 80% da colección total da biblioteca.
Aproximadamente dous millóns de libros, artigos e revistas foron destruídos
irremediablemente.
En 2014 foi
reinagurado o edificio tras 18 anos de reconstrución. Ademais de albergar o
Concello de Sarajevo, tamén funciona como Biblioteca Nacional e Universitaria
de Bosnia Herzegovina.
A Consellería de
Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas
escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido...
A
BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA
Tamén, as
bibliotecas escolares son espazos sociais, de encontro , de formación, de uso da palabra e fomento da cultura.
Para rematar,
comentar que non en tódolos países se celebra o Dia da Biblioteca no mesmo día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario