O día 9 os cursos de 5º e 6º recibiron o premio de Voluntariado de Lectura-A. Ata Solanas chegou Paola Guimeráns, especialista no E-textil e experta no deseño de interacción e tecnoloxía vestible.
O curso de 6º, nun día espectacular e o ar libre desfrutou coa actividade de coser con fío conductor un boneco que logo se lle encendía o nariz. Despois dentro do Domo cada un explicou por qué se lle encendía o nariz desa cor. Toda unha experiencia! No vídeo vos mostramos todo o que aprendimos!
O curso de 5º fixo unha pequena cidade no que conseguiu con adhesivo de cobre que se lle encenderan as luces das súas casiñas! Quedamos todos encantados!
No hay comentarios:
Publicar un comentario