4 may 2021

PANTERA

    Queremos adicarlle unha publicación específica a unha das novidades que temos na biblioteca e da que estamos moi satisfeitas. 

    Trátase da revista PANTERA, unha revista sobre a natureza e as persoas que a protexen, para os nenos e nenas que sí salvarán o planeta!

    PANTERA está dirixida a aquelas persoas comprometidas co planeta, busca inspirar a amar e coidar a natureza e a actuar para protexela. 

    Cada un dos números ten un contido e unha calidade excepcional cunhas ilustracións e imaxes que vos farán gozar de cada páxina. Temos xa os tres primeiros números e esperamos recibir en breve o cuarto. 

    Esperamos de corazón que estas revistas viaxen a moitas das casas dos noso alumnado e disfruten non só os pequenos con elas senón tamén os maiores para que todos collamos moitas ideas de como protexer o noso tan prezado planeta. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario