16 mar 2009

O NOSO CONTO

Aquí está a historia que fixemos entre todos co Contacontos:

Érase unha vez unha galiña que estaba no seu galiñeiro durmindo.
De repente apareceu un raposo que quería comela.
Pasaba por alí un gato e ó ver á galiña tan asustada tentouna protexer. Entón o raposo ó ver ó gato protexendo á galiña foi pola dereita onde había unha trampa con cravos e pinchos. Como non puido pasar deu a volta polo outro lado e atopouse outra vez co gato.
O gato saltou enriba do raposo e ó rodar case que cae na trampa de pinchos! Tívose que agarrar coas unllas. O raposo aproveitou para morderlle a cola e do salto que deu, o gato foi parar enriba do tellado da casa.
Co escándalo viñeron máis animais a axudar ó gato. Eran da súa pandilla .
Mentres pasaba todo esto a galiña aproveitou para escapar cara ó bosque e meteuse nunha casa que atopou, o que non sabía era que alí vivía o raposo......

Agora tan só nos queda rematala e poñerlle un título!!! Para elo podedes escribir os vosos finais e títulos e darllos as encargadas da Biblioteca para que aparezan no blog e todos desfrutemos deles!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario