16 dic. 2009

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

Estas son as nosas recomendacións para o Nadal


3 dic. 2009

Escribide rápido!

Este ano Papá Noel e os Reis Magos van poder ler as vosas cartas neste blogue da biblioteca. Para iso tedes que escribirlles axiña e deixalas nos buzóns do cole. As mais bonitas vamos poñelas aquí para que eles as poidan ler. Recordade que se facedes boa letra van a saber mellor qué é o que lles estades pedindo.
A partir da próxima semana xa estarán os buzóns na entrada do colexio!
Animádevos!


Aquí tedes algúns papeis de cartas de nadal que podedes empregar para escribirlas.

modelo 1 modelo 2 modelo 3 modelo 4 modelo 5

modelo 6 modelo 7 modelo 8 modelo 9 modelo 10

25 nov. 2009

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO




Grazas á biblioteca do CEIP de Pazos temos este fermoso lazo.

Como se di no seu blogue : Todas as Bibliotecas Escolares de Galicia traballamos na sensibilización dos que mañá serán homes e mulleres. Temos a obriga de educar nos valores que axuden a crear os hábitos de respecto necesarios para poñer fin á VIOLENCIA; a calquera clase de violencia.

Nestes días no cole estamos a traballar neste tema utilizando os materiais do blogue da biblioteca do CEIP de Quintela (Moaña) agora vía a biblioteca do CEIP de Pazos temos acceso a este enlace sobre COEDUCACIÓN da escola de Vide.

22 nov. 2009

CONTOS DE MEDO DE INFANTIL PREMIADOS


Este conto está neste vídeo


21 nov. 2009

CONTOS DE MEDO DE PRIMARIA PREMIADOS

20 nov. 2009

AXUNDANTES NA BIBLIOTECA



Aquí temos aos axudantes e axudantas da biblioteca. Estarán na biblioteca en grupos de dous durante o recreo para os empréstitos e devolucións. Tamén axudan ordenando os libros, pondo etiquetas , informando aos compañeiros e compañeiras .... Onte asinaron un "compromiso" e o luns empezan.

17 nov. 2009

CHARLA SOBRE CETÁCEOS




Que interesante! Canto aprendemos! A charla sobre os cetáceos que veu impartir o biólogo de CEMMA deunos moitísima información sobre estes mamíferos mariños. Ata poidemos escoitar como se comunican. Non se nos esquecerán os laios dun golfiño que estaba atrapado, menos mal que os de CEMMA poideron salvalo.
Agora esperamos os vosos debuxos, contos, relatos, ... sobre o que aprendestes para polo no blogue.

GOLFIÑOS NA PROA

Posted by Picasa


Estes son algúns dos carteis da exposición de "Golfiños na proa" que CEMMA (Coordinadora para o estudio dos mamíferos mariños) nos trouxo ao cole. A exposición estivo aquí unha semana completa. Gustounos moito.

11 nov. 2009

CONCURSO DE CONTOS DE MEDO




Xa están na biblioteca os vosos contos de medo. Agora só nos queda decidir cales serán os premiados. Que difícil! Son todos chulísimos!

10 nov. 2009

MÁXIA NA BIBLIOTECA



Así celebramos que a biblioteca está remodelada, cun contacontos moi máxico

30 oct. 2009

DÍA DAS BIBLIOTECAS



Celebrámolo cun agasallo a todo o alumnado : un libro e un marcapáxinas

29 oct. 2009

ASTERIX ESTÁ DE CUMPLEANOS


Estes personaxes que tanto nos gustan, cumpliron hoxe 50 anos. O 29 de outubro de 1959 naceron estes heroes nas páxinas da revista Pilote, creados por Albert Uderzo e René Goscinny.

28 oct. 2009

ATENT@S ÁS NOVIDADES

Nico está preparando a exposición de novidades. Xa queda pouco para que empecemos a percorrer o río Douro coas nosas lecturas. Esta vez vai de lobos, de bruxas e de máxia, moita maxia.

Prestade moita atención. Acercámonos ao SAMAÍN... a ver quen se atreve coas lecturas de medo, terror, pánico!!

 

ELMER

A ver se vos gusta

25 oct. 2009

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celébrase en todo o mundo o "DÍA DAS BIBLIOTECAS"



Nós imos a celebrálo agasallando un libro e un marcapáxinas a todos os nenos e nenas do colexio.
Esperamos que vos guste.

2 oct. 2009

MAR DE ESTRELAS

Espectacular viaxe submarina polas augas e fondos das rías galegas coma se se tratase dunha viaxe pola galaxia. A maioría das imaxes deste documental protagonizado por polbos, luras, chocos e outras especies, foron gravadas de noite.
Director: Jorge J. Candán



Visto en Flocos TV

30 jun. 2009

XA ESTAMOS NO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES


Por fin chegamos!! As mestras do equipo da Biblioteca estamos encantadas de poder levar a cabo o noso proxecto. En setembro habemos de contaxiarlle o noso entusiasmo as nenas e nenos para levar a cabo o noso proxecto.

27 may. 2009

FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O MEU LIBRO FAVORITO


Como nos gustou facer a foto co libro favorito! E ainda que aquí non se nota moito, todo o mundo nos di que estamos moi guapos e moi guapas e que sabemos dicir cousas interesantes do libro favorito.
Imos facer un álbum precioso con todas as fotos e xa decidimos que o ano que vén, REPETIMOS !!
Posted by Picasa

23 abr. 2009

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

¡Para conmemorar o Día do Libro todos os nenos e nenas, mestres e mestras recibimos hoxe un pequeno agasallo que nos acompañará nas próximas lecturas!

22 abr. 2009

O día do libro


Como estamos na semana no libro, preparamos na biblioteca unha exposición das novidades para que pasedes a velas.
Ademais temos preparadas varias actividades para o día do libro, entre elas unha sesión de contacontos organizada polo 1º ciclo á que estades todos convidados.

15 abr. 2009

El Ruiseñor

EL PEQUEÑO RUISEÑOR
Aquí tenemos los enlaces para visualizar el cuento "El Ruiseñor" para las actividades de 3º de Primaria del proyecto: "Do río ao mar: ler e disfrutar".




1 abr. 2009

AS NOSAS HISTORIAS....


Xa que vemos cada día nas noticias o que están facendo coas focas, unha alumna de 6º quere compartir con todos unha historia que alguén cercano lle contou.....

"Un día un mariñeiro caeu a auga dende o barco e ninguén se deu conta. Ese home tivo a sorte de estar algo cerca de terra e despois de estar nadando e nadando, ata que case xa non podía manterse a flote, unhas focas que estaban por alí, arrimáronse a él e déronlle calor para axudalo.
Os compañeiros o cabo do tempo déronse conta de que non estaba no barco e foron buscalo. Cando o atoparon rodeado de focas pensaron que o estaban matando. Ó final miraron ben e xa viron que o que facían era protexelo. Botáronlle un flotador e o subiron ó barco. Él contoulles todo o que lle pasara e cómo o axudaron as focas.
Cando chegou a casa todo contento foi a contarlle á muller a súa aventura e atopouna cun abrigo de pel de foca. O mariñeiro colleu o abrigo e tirouno no sofá e relatoulle a muller todo o que pasara. Ela deuse conta do que as focas fixeran por él así que o día seguinte foi devolver o abrigo á tenda e a decirlles as persoas que os facían que non tiñan corazón . A familia dese home nunca máis voltou a comprar ningún tipo de pel."
Escrito por Janette Haiman Verde - 6º

31 mar. 2009

QUINCENA DA POESÍA


Nestas dúas semanas podedes desfrutar dunha exposición de libros de poesía na Biblioteca. Tédelos expostos para levar ou ler cos compañeiros nas vosas visitas á Biblioteca.
¡¡Esperamos que vos gusten!!

24 mar. 2009

NOVOS MARCAPÁXINAS



A partir de hoxe tedes a vosa disposición na Biblioteca uns novos marcapáxinas. Hai varios modelos para poder decorar, pintar e recortar o voso gusto. Dende a Biblioteca pensamos que, ademáis de ser punto de lectura, vos axudarán a recordar a data de entrega do libro que tedes emprestado. A hora de coller un libro, se traedes o marcapáxinas, poñerémosvos pola parte traseira a data tope de devolución. Pola parte dianteira vos recordamos a dirección deste blogue e a do Proxecto de Agrupación de Centros no que estamos participando, "Do río ao mar, ler e desfrutar".

16 mar. 2009

O NOSO CONTO

Aquí está a historia que fixemos entre todos co Contacontos:

Érase unha vez unha galiña que estaba no seu galiñeiro durmindo.
De repente apareceu un raposo que quería comela.
Pasaba por alí un gato e ó ver á galiña tan asustada tentouna protexer. Entón o raposo ó ver ó gato protexendo á galiña foi pola dereita onde había unha trampa con cravos e pinchos. Como non puido pasar deu a volta polo outro lado e atopouse outra vez co gato.
O gato saltou enriba do raposo e ó rodar case que cae na trampa de pinchos! Tívose que agarrar coas unllas. O raposo aproveitou para morderlle a cola e do salto que deu, o gato foi parar enriba do tellado da casa.
Co escándalo viñeron máis animais a axudar ó gato. Eran da súa pandilla .
Mentres pasaba todo esto a galiña aproveitou para escapar cara ó bosque e meteuse nunha casa que atopou, o que non sabía era que alí vivía o raposo......

Agora tan só nos queda rematala e poñerlle un título!!! Para elo podedes escribir os vosos finais e títulos e darllos as encargadas da Biblioteca para que aparezan no blog e todos desfrutemos deles!!!

CONTACONTOS


O pasado xoves, 12 de Marzo, visitounos un Contacontos na Biblioteca. Axudado polo seu amigo "Sexismundo" contounos moitas historias! Coa primeira delas aprendimos "Cómo se pagan os favores", logo fixemos entre todos unha historia dunha galiña, un raposo e un gato que veredes máis adiante. Para rematar contounos a historia dun verme que dicía unha frase que nos fixo rir moito a todos e repetimos unha e outra vez: "Son eu, o grande guerreiro, fillo do xigante que perdeu os grilletes do tobillo na batalla de Curdiales, o rinoceronte tirou patas arriba e o elefante... caca de vaca!!!!". Tamén colaboramos con él, e coa axuda do seu amigo, algúns de nós animámonos a contar algunha historia divertida!! Pasámolo tan ben que non queríamos deixalo marchar así que lle pregamos por unha historia máis e contounos a dun pai e un fillo mailo seu burro.

6 mar. 2009

ANDALUNA E SAMIR

Andaluna e Samir son personaxes de debuxos animados creados pola Junta de Andalucía e distribuídos nun DVD gratuíto.
Este que podedes ver aquí é o 1º capítulo e fala de igoaldade de xénero.


5 mar. 2009

IGUALDADE



Xa que o 8 de marzo se celebra o día da muller traballadora, queremos reivindicar a igualdade entre home s e mulleres. Por eso vos animamos a realizar traballos relacionados coa temática.

Se precisades información, na biblioteca atoparedes libros que vos poden axudar.


3 mar. 2009

NOVA MASCOTA E EXPOSICIÓN
A nosa Biblioteca ten unha nova mascota!!! Xa todos coñecedes a Nico. Podedes pasar pola biblio a visitalo. Ademáis traenos unha nova exposición de libros sobre a auga. Todos eles están marcados cunha pegatina co Nico. Esperamos que vos gusten!!!

19 feb. 2009

Desfile escolar


Xa está todo preparado para o GRAN DESFILE no que participarán tódolos nenos e nenas da Guarda. Estade to dos atentos porque mañá a partir das 11.30 h, as rúas encheranse de colorido e moita diversión.


12 feb. 2009

O Entroido

Xa sabedes que falta pouco para a celebración do Entroido. Dende a biblioteca queremos animarvos a que participedes na súa decoración; todo o que se vos ocurra será benvido!

Achégase o entroido


O próximo venres, día 20 de febreiro, dará comenzo o entroido!
O pistoletazo de saída será cun desfile polas ruas da Guarda dos nenos e nenas de tódolos colexios da localidade.
A temática escollida polo noso centro é: "Escapados dun libro".
Desexamos que todo sexa do voso agrado.

11 feb. 2009

Queres participar?


Gústache escribir? Tes feito algún poema, algún conto, algunha historia que queres dar a coñecer?
Queres dar a túa opinión sobre algún asunto relacionado coa lectura ou coa biblioteca?.....
Estupendo! Agora podes facelo neste blog. Só tes que porte en contacto con algunha das profes encargadas da biblioteca. Nós dirémosche como tes que facer.
Animo! esperamos as vosas aportacións.

Cómic das Illas Cíes



Xa están preparando con entusiasmo a excursión ás Cíes.

9 feb. 2009

Cómic sobre as Illas Cíes

As alumnas e os alumnos de 5º, despois de informarse moi ben sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas, elaboraron cada un un cómic no que resumen o que aprenderon.
Seguro que cando vaian a visitar as Cíes han de contarnos moitas cousas interesantes.

5 feb. 2009

O DÍA DA PAZ

18 ene. 2009

Actividade de formación de usuarios e usuarias

Desde o CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras chega esta actividade que vos axudará a coñecer mellor a biblioteca. Probade a xogar co ela.

Un conto de Nadal

13 ene. 2009

Biblioteca do CPI O Rosal


Este é un recuncho da nosa biblioteca. Ten moitas estanterías e moitos libros. A roda de cores aínda non está colocada no seu lugar pois estamos cambiando a distribución dos espazos.

10 ene. 2009

As cores do outono no Montiño

As árbores do Montiño teñen cores tan bonitas no outono que se prestan á poesía. Alguén se anima a escribir poemas que falen da súa fermosura? Se son boas, nós publicámolas aqui.




CONTACONTOS

No 1º ciclo disfrutamos moito cos contos. Por iso preparamos por parellas unha historia cada semana para contarlla ao resto dos compañeiros.
É moi divertido, polo que vos animamos a participar!

8 ene. 2009

Libros polo Nadal

Os reis magos en camión

Aquí os poñemos a panxoliña que nos cantaron os nenos de Ed. Infantil no festival de Nadal.

Power Point
View SlideShare presentation or Upload your own.

.....

peces
View SlideShare presentation or Upload your own.

QUE GUAPOS SOMOS

Aquí temos unhas imaxes moi divertidas...

ESTAMOS HACIENDO PRUEBAS


Hola,somos Yolanda y Elena que estamos atendiendo las explicaciones de Ana. No tenemos mucha idea, por eso...