27 may 2022

LEDICIA COSTAS VISITA O COLE

 Ledicia Costas é unha escritora galega con obras de xénero infanto-xuvenil. Obtivo importantes recoñecementos a novel autonómico e nacional.

O mércores 25 de maio tivo un encontro co Club de lectura Alohomora do alumnado de 6º primaria para falar do seu último libro "O neno de lume".

A continuación, nun xantar, estivo co Club Salitre  coa súa obra para adultos "Golpes de luz".

Foi un pracer compartir estas charlas con ela.




26 may 2022

RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº15

Moi boas radiooíntes!

Aquí está de novo Radio Treboada!
Desta vez, para conmemorar o día internacional do xogo infantil! Pero non só iso, senón que traemos unha entrevista moi... descubrídeo por vós mesmxs dándolle click ao "play".
Adiante programa!!

14 may 2022

LETRAS GALEGAS 2022. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

    En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua e a profe Virginia elaboramos unha serie de actividades para conmemorar este día tan importante no que Florencio Delgado Gurriarán foi o autor homenaxeado!!

    Xunto cos demáis Centros Públicos da Vila, decoramos a praza do As de Copas cos traballos realizados polo alumnado nos que se reflectía a vida e obra do autor. 

    Grazas á colaboración da ANPA recuperamos a nosa querida e tradicional chocolatada do día das Letras Galegas!

    A profe Virginia escribiu o Rap de Florencio!!! os alumnos de sexto cantárono para todos nós e o resto de alumnado acompañou!

    Tamén houbo baile!! unha muiñeira levada a cabo polo alumnado de terceiro ... pero ollo!! acabamos bailando todos!!!

Todo o alumnado fixo unhas caroutas de Florencio!!!


LETRAS GALEGAS 2022









13 may 2022

RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº14

Treboeiras e treboeiros... aquí está de novo... Radio Treboada!! Un programa máis e xa chegamos ao programa número 14!! Adicado, como non podía ser doutra maneira nesta semana tan importante, ás Letras Galegas! Moitas grazas a todxs xs participantes por facelo posible! Click no "play" e... a desfrutar!!! 


6 may 2022

RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº13

 Coma cada venres, aquí está de novo... Radio Treboada!

    Desta vez, informando e reflexionando sobre unha triste realidade que acontece nalgúns centros educativos: O ACOSO ESCOLAR.
Click no "play" e... conciénciate ti tamén!

5 may 2022

LIBROS QUE BUSCAN FOGAR

Dentro das actividades do mes do libro, "Libros que buscan fogar" foi unha que nos encheu de ledicia! Repartimos caixas decoradas polo alumnado con libros polo pobo e tivo unha excelente acollida. Compartimos a oportunidade de darlles unha segunda vida a estes libros e de achegar a lectura a moitas persoas, grandes e pequenos!