25 feb 2022

RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº 7

 

E aquí está de novo... RADIO TREBOADA!!
Desta vez, un programa adicado en exclusiva a Rosalía de Castro.
Non queríamos celebrar esta conmemoración nun único día (o 23 de febreiro), senón que decidimos traballar esta gran figura galega, creando como produto final este programa!
Coma sempre, cheo de información de interese, pero que desta vez incorpora unha entrevista moi especial e, sobre todo, uns novos (MOI NOVXS) participantes: os nenxs de primeiro de primaria!!!
Escoitádenos dándolle ao "play"!
Desexámosvos un bo entroido e... despois dun merecido descanso, emitiremos o próximo programa o 11 de marzo! E xa temos temática! Adiviñádela??
Ata a próxima treboeiros/as!



23 feb 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

    Rosalía de Castro foi unha escritora galega que potenciou e valorizou a literatura no idioma galego.

    O equipo de Dinamización da Lingua Galega invitou a todo o alumnado a participar na conmemoración do seu nacemento cunha serie de actividades; careta coa cara de Rosalía e audición do poema "Resposta a Rosalía" (Galicia Infida-Florencio Delgado Gurriaran).

    Ademáis o Concello de A Guarda invitou ao alumnado de 3º e 4º de primaria a "Rosalía cantareira" coa musicalización de poemas de Rosalía coa artista Irene Silva, quen rematou a súa visita no noso colexio cunha entrevista en Radio Treboada polo alumnado de 4ºB.



Lectura dun poema a Rosalía de Castro polo alumnado de primaria na hora de ler.





21 feb 2022

DÍA DA LINGUA MATERNA

    O día da Lingua Materna ten como obxecitvo promover o plurilingüísmo e a diversidade cultural.

    Bibliosolanas únese a esta celebración xunto co equipo de Dinamización Lingüística para promover a transmisión da lingua galega.

    O alumnado e profesorado do colexio pon nas súas linguas a reinvindicación da lingua galega como ferramenta para abrir ao mundo parte das súas raíces.



18 feb 2022

RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº6

 É venres e... xa volveu! Xa está aquí de novo! Xa se poden escoitar os tronos! Xa volve ás ondas... RADIO TREBOADA!!


Un programa cheo de información interesante...?
NON!
Un programa cheo de información... SÚPER, MEGA, EXTRA, HIPER...INTERESANTEEEE!

Agardamos que vos guste!
Adiante programa!

(E ata o próximo venres!!)

PD.: Moitísimas grazas pola visita e formación que nos deu Luís Pardo, locutor da Cadena SER de Santiago. Foi una auténtica pasada! Oxalá nos visites de novo!


14 feb 2022

DÍA DA AMIZADE

O equipo de Dinamización Lingüística nos deixou pócimas da amizade nas clases.

Cada neno e nena cubría ou debuxaba os seus ingredientes para a súa pócima da amizade.

Na entrada do colexio de primaria tíñamos un cofre para depositalas.

Ao día seguinte poderemos coller unha ao chou e levala para casa.





13 feb 2022

DÍA DA RADIO

 13 de febreiro - Día Mundial da Radio


                        Que fixemos no cole para conmemorar tal data?

                                        3, 2, 1... DENTRO VÍDEO



EMILIA PARDO BAZÁN

    O alumnado de sexto de primaria estivo traballando a figura de Emilia Pardo Bazán, muller extraordinaria!! 

    Aquí vos deixamos uns pequenos recortes do fantástico traballo que realizaron!

Noraboa rapaces e rapazas!!!











11 feb 2022

ACTIVIDADES E CONMEMORACIÓNS


Temos uns días cheos de actividades!!! da gusto conmemorar e ver a todo o alumnado implicado! Graciñas nen@s



 

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

     Celebramos o Día da Muller e a Nena na ciencia cunha súper visita!!! Gracias Rosi Lomba!!! Todos encantados e abraiados con esta maxia! 














RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº5

    É venres e todos sabemos que... Radio Treboada emite o seu programa!

    Hoxe non é un venres calquera. Hoxe é venres 11 de febreiro! Sabedes que significa iso? Que hoxe se conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia!
    É por iso que decidimos que este programa versaría sobre este gran día. Nós tamén queremos conmemoralo!
    Xa sabedes, dádelle ao "play" e... a gozar coa información que nos traen os treboeiros/as!



10 feb 2022

CONTACONTOS MUSICADO NAS AULAS DE INFANTIL

    Hoxe Virginia e Antonio pasaron polas aulas de infantil para contarnos un conto, un conto musicado que nos encheu de ledicia e que agradecemos de todo corazón pois polas circunstancias do Covid non é doado saír da escola para ver este tipo de actividades!

                                                Graciñas Compas!!!! 







7 feb 2022

FIRMA DE LIBROS CON LEDICIA COSTAS

    Tal e como anunciou Radio Treboada no seu cuarto programa, o sábado día 5, Ledicia Costas estivo nunha libraría da Guarda firmando libros. 

    Aquí tedes a algúns alumnos e alumnas que non quixeron perder tal ocasión! vaia emoción levaron.



5 feb 2022

RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº4

 Aquí está de novo... RADIO TREBOADAAA!!

De feito, houbo unha grande treboada no colexio que... animáronse a participar tanto 3º coma 6º de primaria!! Xa somos 4 as clases que traballan a cotío para elaborar este programa semanal.
MOITAS GRAZAS!
Xa sabedes, dádelle a "play" e... desfrutade informándovos das noticias, curiosidades e tolarías que compoñen o programa de... Radio Treboada!


REMATANDO A COLOCACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA PROVISIONAL

 Xa estamos instalados no espazo provisional de Bibliosolanas e parece que ao alumnado lle está gustando moito!!! Que vos parece???






4 feb 2022

ANIVERSARIOS XANEIRO

Parabens para todos os que estiveron de aniversario en xaneiro!! mirade que guapos!!!