31 ene 2022

DÍA DA PAZ

 O día da Paz este ano tamén está ambientada no noso proxecto Harry Potter! Sempre, se hai Paz, a vida será máxica!


28 ene 2022

RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº3

 De novo, Radio Treboada volta ás ondas!

    Desta vez, para conmemorar un día moi especial no calendario: o 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
    Este é un programa moi especial, non únicamente pola súa temática, senón porque é o primeiro programa no que se unen outras clases!! Neste caso, os estudantes de 4ºB!!     Ademáis, temos unha entrevista moi importante, á par que morriñenta por terlle que dicir "adeus" a unha persoa moi especial para o conxunto do cole.
    Dalle ao "play" e... escoita o terceiro programa de Radio Treboada!!




26 ene 2022

NOVIDADES QUE VAN CHEGANDO A NOSA BIBLIO

 


Mirade que libros tan chulos imos mercando para a biblio!! apetece investigar cada detalle!



 

21 ene 2022

RADIO TREBOADA, PROGRAMA Nº2


E aquí tedes o segundo programa de Radio Treboada!!!
E, desta vez, centrado nunha icona da música a nivel mundial.
A ver se adiviñades quen é....  coñécese como o "Camaleón do rock", o "Delgado duque branco", "Halloween Jack" e moitos nomes máis!!!

Estámonos referíndo a... David Bowie!!!
Agardardamos que vos guste!
Oxalá xa podamos emitir un novo programa a próxima semana!!
Viva Radio Treboada!!



NOVO ESPAZO BIBLIOSOLANAS

E aquí estamos, na nova ubicación de Bibliosolanas, un espazo provisional no que case estamos instalados e que nos permitirá seguir facendo uso da biblioteca. 

Demos uso do salón de actos, dado que por mor do Covid non podemos xuntarnos e usalo. 

Temporalmente será a nosa biblioteca. 





17 ene 2022

OBRAS EN BIBLIOSOLANAS

 En breve estaremos en obras na nosa biblioteca, é unha alegría tremenda pois pronto poderemos gozar dun espazo único co noso alumnado e comunidade educativa! 

Polo momento estamos coa recollida de materiais e traslado!!! vai ser un traballo duro pero cheo de ilusión!





14 ene 2022

ENGLISH FUN

Temos moitos libros novos en Inglés! esperamos que os disfrutedes!!!