30 sept 2021

PREPARANDO A APERTURA DA BIBLIOTECA, CURSO 21-22

    Damos comezo a un novo curso e tamén a unha nova apertura da nosa biblioteca. Dende o Equipo de Biblioteca estamos moi ilusionadas porque para este curso iniciamos un proxecto que gusta e motiva ao alumando: Harry Potter será o protagonista cando se cumplen xa vinte anos da emisión do primeiro filme "Harry Potter y la piedra filosofal". 

    A escritora J.K. Rowling fixo e segue facendo as delicias de moitos lectores, grandes e pequenos, que elixen as lecturas de Harry Potter.

    Esperamos conseguir que os nosos pequenos e non tan pequenos gozen con este proxecto e con todas as sorpresas e actividades que temos preparadas  para este curso que iniciamos.