30 jun 2021
ANIVERSARIOS DE XUÑO
14 jun 2021
UN NOVO OBRADOIRO CON PAOLA GUIMERÁNS
O 10 de Xuño desfrutamos do 2º Obradoiro de Paola Guimeráns.
Neste segundo día tanto o alumnado de 5º coma de 6º aprendeu a programar con Scratch nas tablets e a utilizar a placa Makey Makey que en breve mercará a biblioteca para seguir practicando todo o aprendido.
13 jun 2021
PREMIO DE VOLUNTARIADO de LECTURA-A: OBRADOIROS CON PAOLA GUIMERÁNS
O día 9 os cursos de 5º e 6º recibiron o premio de Voluntariado de Lectura-A. Ata Solanas chegou Paola Guimeráns, especialista no E-textil e experta no deseño de interacción e tecnoloxía vestible.
O curso de 6º, nun día espectacular e o ar libre desfrutou coa actividade de coser con fío conductor un boneco que logo se lle encendía o nariz. Despois dentro do Domo cada un explicou por qué se lle encendía o nariz desa cor. Toda unha experiencia! No vídeo vos mostramos todo o que aprendimos!
11 jun 2021
FOTOS GAÑADORAS DO III CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS CON MISTERIO!
Vos deixamos o vídeo coa recopilación das fotos gañadoras do III Concurso de fotografía!
Despois de votar e recontar aquí tedes os/as gañadores! Noraboa!!!
En breve teredes listo o vídeo da entrega de premios!
10 jun 2021
A PIQUES DE REMATAR O CURSO....!
ANIVERSARIOS DE MAIO
Aquí tedes os aniversarios de Maio xunto con Vera, que xa estivo de aniversario en marzo pero que quedara sen facer a súa recomendación!!!
PARABÉNS PARA TODOS !!!
3 jun 2021
III CONCURSO de FOTOGRAFÍA de SOLANAS
Un curso mais convocamos o Concurso de Fotografía de Solanas. Nesta 3ª edición asociamos a temática co proxecto da Biblioteca "Lendas e misterios de Galicia". Recibimos por whassap ao móbil do centro moitas fotografías!
Aquí as tedes organizadas por cursos!
Agradecemos toda a participación!
En breve anunciaremos a foto premiada de cada aula!
#bibliotecacreativa