30 may 2021

IMPRESORA 3D

 Neste mes repartimos os chaveiros de BiblioSolanas (BS) que fixemos coa impresora 3D polo mes dos Libro!

Tod@s encantados! Pequenos e maiores!

Vos deixamos un vídeo!

#bibliotecacreativa



REMATAMOS O PROXECTO DA BIBLIOTECA: "LENDAS E MISTERIOS DE GALICIA"

 Nestes días montamos a exposición dos traballos do alumando sobre o proxecto deste curso. 

Dende Infantil a Primaria realizamos actividades para coñecer as lendas mais famosas da zona da Guarda, da provincia de Pontevedra e de Galicia.

No vídeo os deixamos unha pequena mostra.





22 may 2021

PREMIO POLO VOLUNTARIADO LECTURA-A

Dende BiblioSolanas temos moi moi boas novas!
Participamos no programa de Voluntariado de Lectura-A cos cursos de 5º e 6º de Primaria.
Fomos seleccionados cunha dotación económica para desfrutar duns Obradoiros CHULÍSIMOS! En breve vos contaremos!
Aquí tedes a Resolución da Conselleria!
Noraboa tamén os outros coles seleccionados!
Estamos encantad@s!!!



21 may 2021

ACTUALIZAMOS O VÍDEO DE FORMACIÓN DE USUARIOS REALIZADO POLOS VOLUNTARIOS DE 6º

O alumnado de 6º leva dende o mes de Xaneiro colaborando na Biblioteca e levando a cabo actividades coma esta, ao abeiro do programa de Voluntariado de Lectura-A.

Esta é a última actualización do vídeo de formación de usuarios! 

A os mais pequenos lles encanta ver aos maiores do cole cómo lles explican. 

E a eles colaborar en iniciativas coma esta!
 




4 may 2021

PANTERA

    Queremos adicarlle unha publicación específica a unha das novidades que temos na biblioteca e da que estamos moi satisfeitas. 

    Trátase da revista PANTERA, unha revista sobre a natureza e as persoas que a protexen, para os nenos e nenas que sí salvarán o planeta!

    PANTERA está dirixida a aquelas persoas comprometidas co planeta, busca inspirar a amar e coidar a natureza e a actuar para protexela. 

    Cada un dos números ten un contido e unha calidade excepcional cunhas ilustracións e imaxes que vos farán gozar de cada páxina. Temos xa os tres primeiros números e esperamos recibir en breve o cuarto. 

    Esperamos de corazón que estas revistas viaxen a moitas das casas dos noso alumnado e disfruten non só os pequenos con elas senón tamén os maiores para que todos collamos moitas ideas de como protexer o noso tan prezado planeta. 






NOVIDADES

 Seguen chegando novos fondos á biblio!!! Aquí tedes unha mostra na gabeta de novidades!!!



ANIVERSARIOS DE ABRIL.

Parabens a todos os cumpleañeiros do mes de abril que aquí nos deixan as súas recomendacións lectoras. 






2 may 2021

CLUB DE LECTURA DE 6º

No primeiro trimestre o club de lectura de 6º xunto coa mestra Carmen do equipo de biblioteca leron o libro: "Apestoso tío Mufin" de Pedro Mañas.

Neste mes de Abril o autor fixo unha sesión online co alumnado.

Foi marabilloso! Cercano, entretido, contestou a todas as preguntas e inquedanzas dos alumnos e alumnas!

Todo un pracer Pedro Mañas!


TEATRO NEGRO NA BIBLIOTECA POLO DÍA DO LIBRO CO ALUMNADO DO VOLUNTARIADO


Os alumnos e alumnas de 6º prepararon uns contos para todos os cursos do centro. Traballaron para representalos en teatro negro. Os desfrutamos tod@s moitísimo! 
Vos deixamos un pequeno vídeo.

Na páxina do facebook de BiblioSolanas tedes os vídeos dos contos representados: https://www.facebook.com/bibliosolanas

1 may 2021

AUDIOCONTO "PULGARCITO" DE 5º PRIMARIA


 Neste curso tan especial probamos novos xeitos de chegar os mais pequenos. 
Así o alumnado de 5º preparou un audioconto : Pulgarcito. 
Novas experiencias no marco do Voluntariado de Lectura-A. 

"RECOMÉNDOCHE ESTE LIBRO" : ALUMNADO 5º e 6º Primaria.

 Para celebrar este mes do libro iniciamos unha actividade dentro do Voluntariado de Lectura-A que se fixo extensiva a todo o cole. 

Aquí tedes o alumando de 5º e 6º coas súas recomendacións.