29 oct 2020

MÁSCARAS SAMAÍN

Dende bibliosolanas queriamos estar presentes no Samaín e na particular celebración deste ano con motivo da Pandemia! 

Pensamos que sería bonito participar agasallando a todo o alumnado e profesorado cunhas máscaras idóneas para ir guapos e protexidos este día! 

Este é o resultado!!! A que son moi chulas??!!



25 oct 2020

CLUB DE LECTURA

Levamos xa uns días co Club de lectura de 6º en marcha! 

Non queriamos deixar de compartilo con vós!

O libro escollido foi "Apestoso tío Muffin", 

XV premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil 2018. 

Trátase dunha historia divertida e irreverente que amosa a importancia de superar os nosos medos e deixar de lado os prexuizos e as falas apariencias. 



24 oct 2020

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS: 

 APADRIÑAMENTOS/AMADRIÑAMENTOS 

Non podíamos deixar de celebralos....

¡Adaptándonos a estes tempos!

¡MIRADE QUE CONTENTOS OS AFILLAD@S COA SORPRESA!



 

7 oct 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS EN TEMPOS DE COVID

    Neste curso 2020 - 2021 e por mor do Covid non imos poder desenvolver a actividade das Mochilas viaxeiras.

    Non é unha cancelación definitiva, só momentánea e mentres non teñamos claro como evoluciona a pandemia. 

    Durante o curso, se vemos a posibilidade de retomala, nun abrir e pechar de ollos poremos en marcha ás nosas amigas viaxeiras e que tanto gostan de visitar as casas do noso querido alumnado!

    Isto só é unha pequena paréntese pola seguridade de tod@s!!!



PRÉSTAMO EN INFANTIL

    A partir desta semana reanudamos o préstamo dende a biblioteca. 

    Cada aula de infantil terá préstamo semanal no seu edificio en horario de mañá. 

    Deixamos aquí o cadro horario para que poidades consultar que día lle toca a cada curso. 

    Levarán o PASAPORTE LECTOR que deberán cumprimentar coa axuda das familias. 

    A biblioteca polo momento permanecerá pechada polas tardes ata que a situación sanitaria mellore. 


PRÉSTAMO EN PRIMARIA

    Na semana pasada reanudamos o préstamo dende a biblioteca. 

    Cada aula de primaria terá unha hora de préstamo semanal en horario de mañá.

    Aquí tedes a guía onde podedes consultar o  cadro que indica cando lles toca o préstamo e as normas para que coñezades como está funcionando a biblio. 

    Levan para casa o PASAPORTE LECTOR, onde terán que rexistrar 6 libros obrigatorios do itinerario da súa aula. 

    A biblioteca, polo momento, permanecerá pechada polas tardes ata que a situación sanitaria mellore. 


2 oct 2020

APERTURA PRÉSTAMO

Xa temos asignadas as quendas para os préstamos! En nada subiremos as fotos do primeiro día!!!