5 dic 2019

Cumpreanos do mes de novembro

Os agasallados neste mes de novembro acudiron á biblioteca polo seu regaliño.

Semana Escolar do Camiño de Santiago.

Na semana do 25 ao 29 de novembro, celebrouse a Semana Escolar do Camiño de Santiago. 

Nós conmemoramos cunha actividade o venres 29. O alumnado de 5º e 6º fixo unha lectura conxunta do libro: A Ecopanda e o misterio do Románico.


28 nov 2019

Novembro: Mes da Ciencia na Biblioteca

adicamos cada semana do mes para unha actividade pola que pasaron todos e todas os nenos e nenas do Centro.
  • Conmemoramos o 50 aniversario do "Home na lúa" traballando as "Constelacións sobre a eclíptica"

  • Conmemoramos o 150 Aniversario da táboa periódica elaborando a nosa propia "Táboa periódica das emocións"

  • Semana de contacontos de ciencia:

    Coa colaboración das familas, realizáronse dous contacontos: un sobre árbores e outro de curiosidades de animais a tamaño real!



  •  Semana dos experimentos científicos: 

    Coa imprenta de xelatina que nos trouxo Moncho, imprimimos moitos Elmer, despois de escoitar o conto,  para elaborar o noso Elmer xigante.
     

     

     

     

     

      

 

21 nov 2019

ANIVERSARIOS DOS MESES DE 

SETEMBRO E OUTUBRO

CURSO 2019/2020

Como tódolos meses, a biblioteca ofrece a todos os seus lectores un agasallo polo seu aniversario. 
Aquí podemos ver aos felices agasallados! Parabéns a todo@s!

14 nov 2019

SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



Dentro das actividades realizadas na Semana das Bibliotecas Escolares, entregáronse as mochilas viaxeiras para que empecen a rodar polas casas. Esperamos que vos gusten!

Visita de Berto Pirata

O escritor Berto Pirata achegouse ata o noso cole para presentarnos o seu novo libro: 
"Déixate de contos". 
Todos disfrutamos dunha divertida hora deixándonos conducir pola súa maxia.
Berto, volta cando queiras que aquí te agardamos!

APERTURA DA BIBLIOTECA

Este ano a apertura da biblioteca realizouse o día 1 de outubro. 
Todos os cursos pasaron a vela e coñecer as novas deste ano. 
E para conmemorar o día, déuselle de agasallo un marcapáxinas.