5 dic 2012

CONCURSO DE NADAL!









Rematou novembro e con el o mes do medo así que a biblioteca mudou a decoración e ... estreamos exposición de libros! Durante este mes teremos unha exposición de NOVIDADES.
 A qué estades esperando para vir a por eles!




30 nov 2012

As receitas do Outono

 Xa temos rematado o libro viaxeiro confecionado por tod@s vos. Para que poidades velo fixemos unhas presentacións por ciclos que podedes ver na páxina do noso proxecto ARCE: 1,2,3 a miña música che ensinarei" Esperamos que vos sea de moita utilidade. Bo proveito!


1 nov 2012

ACTIVIDADES DO MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

No mes de outubro realizamos un montón de actividades para celebrar o mes das bibliotecas escolares :
Cada neno e cada nena recibiron un caderno para o Letrinchi. Será o seu diario de lecturas.
Todos os cursos visitaron a biblioteca e recibiron as mochilas viaxeiras, unha guía da biblioteca e un marcapáxinas.


Houbo apadriñamentos e amadriñamentos lectores.

EMPEZAMOS!

No mes de setembro estivemos en obras facendo algunhas reformas para mellorar o acceso aos fondos documentais. Empezamos o primeiro de outubro e xa nos fomos preparando para celebrar o Samaín con moitas lecturas de medo.

1 jul 2012

TOMBOLA DE NICOPUNTOS

Cheamos ó fin do curso e é tempo de recoller ... os e as que sementaron. Todo o alumnado participou nas actividades propostas pola biblioteca. Algúns máis que outros. Pero todos e todas conseguiron Nicopuntos para intercambiar por agasallos na tómbola. Este ano había moitas cousas e non era fácil decidir. Aquí podedes ver algunhas fotos.

2 may 2012

A RATIÑA PRESUMIDA

O Día do Libro, a profe Bel estivo contándolle contos aos nenos e nenas de Infantil. Que ben o pasaron! . Estas son as fotos da Ratiña Presumida

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO

Unha das actividades realizadas para celebrar o Día Mundial do Libro foi a visita de Abraham Carreiro co que fixemos un obradoiro no que aprendemos a debuxar personaxes para os nosos contos e cómics. Tanto o alumnado como o profesorado puxeron moito interés e todos e todas acabamos debuxando moi ben. Aquí tendes a proba

23 abr 2012

PARA UN AMBIENTE DE LECTURA

Este manifesto de 12 puntos a favor do ambiente lector na escola, partiu dunha iniciativa de Luis Arizaleta (Navarra) e xa foi asinado por 108 profesionais relacionados coa lectura. Hoxe que o día do Libro, queremos compartilo coas lectoras e lectoras deste blog. Graciñas a Emilio do IES Pedra da Aguia por achegárnolo.

18 abr 2012

NOVIDADES. "DO RÍO AO MAR, LER E DESFRUTAR"

O noso barquiño segue navegando. Agora podedes ver unha referencia a este proxecto na páxina do Ministerio de Educación "Leer.es" na sección de boas prácticas.

Preme na imaxe. 

DÍA DA POESÍA

Este ano celebramos o día da poesía lendo poemas de Celso Emilio Ferreiro. As madriñas e os padriños aos seus afillados e afilladas lectores. Despois os máis pequenos, debuxaron os poemas

20 mar 2012

FESTA NA BIBLIOTECA

Hai uns días fixemos unha festaza na biblioteca para as nenas e os nenos de 1º de Primaria. Foi para felicitalos poloa súa participación en todas as actividades da biblioteca, o ben que o fan e o moito que len.
Parabéns do equipo da biblioteca aos nenos e nenas e á súa profe Olga


16 mar 2012

PRIMEIROS LETRINCHIS


Xa temos os primeiros caderniños do Código Letrinchi rematados!!!!
Parabéns a Lucas e Alejandra de 2º e a Ángela de 1º!
Descifraron o código segredo conseguindo todas as pegatinas e completando a mensaxe no seu caderniño. 
Na foto podedes ver cómo quedaron rematados!
Ánimo a todos os demáis que hai moitos que están a piques de rematar!!!

8 mar 2012

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller Traballadora no que se recorda que homes e mulleres somos iguais e queremos que nos traten como iguais en todos os ámbitos da vida.

Queredes saber máis? pois aquí vos deixamos unhas actividades















E un conto de Nunila López Salamero

7 mar 2012

XUNTANZA CON COLABORADORAS E COLABORADORES


A dinamizadora da biblioteca, Yolanda, mantivo unha xuntanza cos colaboradores e colaboradoras da biblioteca. Falaron dos próximos traballos quefaremos e ademais fixeron suxerencias para a celebración do día do libro. Saíron propostas moi interesantes. Pronto as coñeceredes.

DECLARACIÓNS DE AMOR EN INGLÉS

Este ano, coa axuda do departamento de Inglés, fixemos un concurso de declaracións de amor en iglés e este foi o resultado

8 feb 2012

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ


Durante o mes de xaneiro realizaronse moitas actividades para celebrar este día. Houbo unha exposición temática con libros que tratan de paz e amizade, un certame de poesía cunha altísima participación; os nenos e as nenas recitaron os seus poemas... Todo esto amosávosmolo a continuación en imaxes.

Poemas de Educación Infantil


Poemas do 1º ciclo


Poemas do 2º ciclo


Poemas do 3º ciclo