25 oct 2021

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

    Xa está en marcha o club de lectura de adultos. Como vedes e aproveitando o bo tempo a primeira reunión tivémola no patio sensorial. Queremos aproveitar tódolos espazos dos que dispoñemos e aproveitar este tempo de lecer tan enriquecedor. As reunións son cada mes e medio e non hai un ritmo de lectura establecido, queremos gozar da exeperiencia de compartir impresións dun xeito agradable. 







PASAPORTES LECTORES

    Outra das actividades polo día da Biblioteca foi a entrega dos pasaportes lectores ambientados no proxecto anual: Harry Potter. 
    Nestes pasaportes quedarán reflectidas todas as lecturas anuais. Para os máis pequenos selaremos cada unha delas e faremos "maxia"!!, para os máis maiores haberá que cubrir un pouquiño máis, tamén con selos e sorpresas finais! Dun xeito lúdico acadamos obxectivos moi beneficiosos para todos eles. 

PASAPORTE PARA OS MAIORES


PASAPORTE PARA OS PEQUENOS






AFILLADAS E AFILLADOS LECTORES

    E aquí temos ás afilladas e aos afillados lectores coa tarxeta e a recomendación lectora dos seus padriños e madriñas! 

    Moito lles gusta esta actividade!












AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES

    Con motivo da celebración do día da Biblioteca estivemos facendo diferentes actividades, unha delas foi os apadriñamentos e amadriñamentos lectores. 

    O xoves día 21 e o venres día 22 os alumnos padriños e madriñas, prepararon as tarxetas para os seus afillados: recortaron e pegaron a súa foto, puxeron un lazo ben bonito, escribiron os nomes dos afillados e escolleron un libro para enviarlles. 

    Aquí deixamos unhas imaxes deste proceso tan lindo!











24 oct 2021

DÍA DA BIBLIOTECA

 

    Dende 1997 , cada 24 de outubro conmemórase o Dia da Biblioteca. A proposta ven da man da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.

    Esta iniciativa naceu para levar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de tódalas idades coa cultura e como instrumento de mellora da formación e da convivencia humana.



    Unha das imaxes máis destacadas que quedou na memoria colectiva é a do músico bosnioherzegovino Vendran Smailovic’ tocando o seu violonchelo entre as ruínas da Biblioteca de Sarajevo. 



El incendio de 1992 destruyó centenares de miles de libros y numerosos incunables. Varios miles de volúmenes pudieron ser salvados en los primeros momentos del incendio, cuando los empleados de la biblioteca, arriesgando sus vidas, comenzaron a arrojar libros y documentos por las ventanas. […] Las bombas incendiarias no sólo habían destruido centenares de miles de libros, sino que habían corroído las columnatas del edificio, acabado de construir en 1894, con una mezcla de estilos orientalizantes, cuando la ciudad ya no se hallaba bajo dominio otomano y formaba parte del Imperio austrohúngaro. [La VanguardiaEl hombre que incendió la biblioteca de Sarajevo]


    A propia páxina web do Vijećnica (Concello de Sarajevo) relata toda a perda sufrida aquela noite, o edificio máis grande e representativo do período austrohúngaro en Sarajevo foi destruído e con el o 80% da colección total da biblioteca. Aproximadamente dous millóns de libros, artigos e revistas foron destruídos irremediablemente.

    En 2014 foi reinagurado o edificio tras 18 anos de reconstrución. Ademais de albergar o Concello de Sarajevo, tamén funciona como Biblioteca Nacional e Universitaria de Bosnia Herzegovina.

 

    A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido... 

 A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA



    Tamén, as  bibliotecas escolares son espazos sociais, de encontro , de formación, de uso da palabra e fomento da cultura.

    Para rematar, comentar que non en tódolos países se celebra o Dia da Biblioteca no mesmo día.

12 oct 2021

CLUB DE LECTURA ADULTOS

Xa temos data para a primeira reunión do Club de Lectura de adultos!!! o vindeiro martes día 19 ás 16:00 hs temos unha cita na biblioteca do cole!!! animádevos,!!! temos moitas ganas de compartir lecturas e recuperar momentos tan enriquecedores!



 

6 oct 2021

EXPOSICIÓN MAXIA E MEDO

 

A primeira exposición do curso é de Maxia e Medo, acorde coas datas que veñen e coa temática que nos envolve!! Moito lles gustan estas lecturas!!!



4 oct 2021

ABRIMOS!!!

 Xa estamos abertos!!! Bibliosolanas e proxecto en marcha!!!

Como cada ano temos un pequeno agasallo co primeiro préstamo, nesta ocasión un marcapáxinas a escoller para non esquecer nunca onde vai a nosa lectura!