17 dic 2021

RADIO TREBOADA

 Xa está en marcha a radio do cole, Radio Treboada!




Aquí tedes o primeiro programa!!! non perdades nin un minuto en escoitalo!


30 nov 2021

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

 Bibliosolanas impulsa a celebración anual do mes de novembro como "Mes da ciencia en Galego nas Bibliotecas"

Este ano realizamos dúas iniciativas:

1. "Solanas nas estrelas": visionado do planetario do profe Jorge para o alumnado de infantil e primaria e o pintado dun mural coa temática no patio de infantil levado a cabo polo alumnado de 3º a 6º de primaria. 

2. "Maxia e Ciencia": Experimentos para todo o alumnado na Biblioteca. 

Aquí podedes ver o ben que o pasamos e canto aprendimos con estas actividades:













O 20 de Novembro celebramos o día dos dereitos da infancia. Cada clase traballou un dereito relacionado coa temática do proxecto anual da Biblioteca "Harry Potter"

Aquí tedes o resultado do traballo do noso alumando











ANIVERSARIOS NOVEMBRO

 Parabéns a todos e todas!!!





15 nov 2021

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

 Parabens aos que cumpliron en Outubro!!!





ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

 Como cada curso, celebramos os aniversarios de cada mes! este toca facelo caracterizados co noso proxecto de Harry Potter!





7 nov 2021

DÍA DO LECTOR

    Con motivo do "Día do lector", o alumnado de 6º leu para todo o cole a través da megafonía fragmentos do libro "Harry Potter y la Piedra Filosofal". Como sabedes o noso proxecto de Biblioteca é sobre Harry Potter motivo polo cal foi escollida esta lectura. 

    Os máis pequenos escoitaron aos maiores e leron "Un bicho extraño" 

















4 nov 2021

DITOS E COSTUMES EN TEMPOS DE DEFUNTOS

 O Equipo de Dinamización da Lingua en colaboración co de Biblioteca, alumndado e as súas familias, fixo unha recollida de ditos e costumes en tempos de defuntos. 

Dun tempo a esta parte están arraigando novas costumes con motivo do Samaín e Halloween pero dende sempre houbo cousas que xa se facían por estas datas. 

Receitas, adornos de flores, actos relixiosos, ditos, lendas... así que pedimos ao alumnado que preguntara na casa, especialmente aso avós e avoas e chegaron moitas historias interesantes. 

Comprobamos que moitas das costumes eran repetidas polo que confirmamos que existían tradicións arraigadas!!! 

Recompilamos estes tesouros e fixemos un libro que durante uns días circulará entre as aulas para compartir as historias e logo quedará na biblioteca a disposición de alumnado e familias. 



1 nov 2021

MOCHILAS VIAXEIRAS

Por fin temos de novo en circulación as nosas queridas mochilas viaxeiras!!!

O Covid tiña paralizada unha das nosas actividades favoritas pero xa podemos volver a gozar delas pois empezamos coas quendas de préstamo. Fixádevos ben, dentro tamén vai unha lectura para os maiores da casa!!















25 oct 2021

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

    Xa está en marcha o club de lectura de adultos. Como vedes e aproveitando o bo tempo a primeira reunión tivémola no patio sensorial. Queremos aproveitar tódolos espazos dos que dispoñemos e aproveitar este tempo de lecer tan enriquecedor. As reunións son cada mes e medio e non hai un ritmo de lectura establecido, queremos gozar da exeperiencia de compartir impresións dun xeito agradable. 







PASAPORTES LECTORES

    Outra das actividades polo día da Biblioteca foi a entrega dos pasaportes lectores ambientados no proxecto anual: Harry Potter. 
    Nestes pasaportes quedarán reflectidas todas as lecturas anuais. Para os máis pequenos selaremos cada unha delas e faremos "maxia"!!, para os máis maiores haberá que cubrir un pouquiño máis, tamén con selos e sorpresas finais! Dun xeito lúdico acadamos obxectivos moi beneficiosos para todos eles. 

PASAPORTE PARA OS MAIORES


PASAPORTE PARA OS PEQUENOS