5 dic 2019
Semana Escolar do Camiño de Santiago.
Na semana do 25 ao 29 de novembro, celebrouse a Semana Escolar do Camiño de Santiago.
Nós conmemoramos cunha actividade o venres 29. O alumnado de 5º e 6º fixo unha lectura conxunta do libro: A Ecopanda e o misterio do Románico.
28 nov 2019
Novembro: Mes da Ciencia na Biblioteca
adicamos cada semana do mes para unha actividade pola que pasaron todos e todas os nenos e nenas do Centro.
- Conmemoramos o 50 aniversario do "Home na lúa" traballando as "Constelacións sobre a eclíptica"
Conmemoramos o 150 Aniversario da táboa periódica elaborando a nosa propia "Táboa periódica das emocións"
Semana de contacontos de ciencia:
Coa colaboración das familas, realizáronse dous contacontos: un sobre árbores e outro de curiosidades de animais a tamaño real!
Semana dos experimentos científicos:
Coa imprenta de xelatina que nos trouxo Moncho, imprimimos moitos Elmer, despois de escoitar o conto, para elaborar o noso Elmer xigante.
21 nov 2019
ANIVERSARIOS DOS MESES DE
SETEMBRO E OUTUBRO
CURSO 2019/2020
Como tódolos meses, a biblioteca ofrece a todos os seus lectores un agasallo polo seu aniversario.
Aquí podemos ver aos felices agasallados! Parabéns a todo@s!
14 nov 2019
SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Dentro das actividades realizadas na Semana das Bibliotecas Escolares, entregáronse as mochilas viaxeiras para que empecen a rodar polas casas. Esperamos que vos gusten!
Visita de Berto Pirata
O escritor Berto Pirata achegouse ata o noso cole para presentarnos o seu novo libro:
"Déixate de contos".
Todos disfrutamos dunha divertida hora deixándonos conducir pola súa maxia.
Berto, volta cando queiras que aquí te agardamos!
APERTURA DA BIBLIOTECA
Este ano a apertura da biblioteca realizouse o día 1 de outubro.
Todos os cursos pasaron a vela e coñecer as novas deste ano.
E para conmemorar o día, déuselle de agasallo un marcapáxinas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)