28 oct 2018

ESCORNABOTS en BiblioSolanas!

Este curso pasamos a formar parte das BIBLIOTECAS CREATIVAS de Galicia. Escollida a biblioteca entre numerosos centros estamos moi ilusionadas con este novo reto e co proxecto que supón.
Na semana pasada a coordinadora de biblioteca Rebeca formouse nunha xornada en Santiago para por en marcha unha sección na biblioteca de robótica.
As mestras de BiblioSolanas e do equipo de robótica do cole pasamos unha tarde montando os novos escornabots. 
Xa estamos deseñando o rincón de Biblioteca Creativa!
No vídeo podedes ver a montaxe!

24 oct 2018